Neda achégase á escritura de Xapón con motivo da celebración das súas XIX Xornadas Literarias "Trazos de Xapón"

Neda achégase á escritura de Xapón con motivo da celebración das súas XIX Xornadas Literarias "Trazos de Xapón"

Voces de Ferrol - RadioVoz

23/04/2024 4:23PM

Síntesis del Episodio "Neda achégase á escritura de Xapón con motivo da celebración das súas XIX Xornadas Literarias "Trazos de Xapón""

través das súas XIX Xornadas Literarias, Neda achegarase á literatura nipona e ao haiku co ciclo Trazos de Xapón. Organiza o Concello e colabora a Facultade de Humanidades da UDC nunha actividade gratuíta, co prazo de inscripción xa aberto. Do 25 ao 27 de abril, especialistas e tradutores do noso país abordarán este bum literario. Por Neda pasarán Carlos Rubio López de la Llave, autor da primeira historia da literatura xaponesa en español; Carlos Ramos Fuentes, profesor de lingua e tradución literaria xaponesa; ou Gabriel Álvarez, tradutor ao galego e ao español de manga e de Murakami. Ademais haberá un cinefórum sobre a película Mishima, obradoiros de haiku e contacontos. A presentación das xornadas correu a cargo este luns da concelleira de Cultura, Marián Bello; a decana da Facultade de Humanidades, Manuela del Pilar Santos; e a coordinadora cultural de Neda, Copi Villaamil.

Escuchar "Neda achégase á escritura de Xapón con motivo da celebración das súas XIX Xornadas Literarias "Trazos de Xapón""

Más episodios del podcast Voces de Ferrol - RadioVoz