Alumnado do IES Concepción Arenal de Ferrol espalla o entusiasmo pola lingua coa campaña "Aquí tamén se fala galego"

Alumnado do IES Concepción Arenal de Ferrol espalla o entusiasmo pola lingua coa campaña "Aquí tamén se fala galego"

Voces de Ferrol - RadioVoz

25/04/2024 6:12PM

Síntesis del Episodio "Alumnado do IES Concepción Arenal de Ferrol espalla o entusiasmo pola lingua coa campaña "Aquí tamén se fala galego""

Alumnado do IES Concepción Arenal de Ferrol xuntouse hoxe na entrada principal do centro para dar lectura ao manifesto que reivindica a tradición galeguista da cidade. Con este acto comeza a campaña “Aquí tamén se fala galego". Esta iniciativa, ideada polo IES Rafael Dieste da Coruña e secundada por máis de 200 centros escolares de Galiza, pretende erradicar a falsa imaxe de que nas cidades non se fala galego. Para iso o estudantado vai exercer de axente dinamizador e actuar de forma directa na contorna, visibilizando o uso da lingua galega nos locais comerciais e hosteleiros. O alumno de 1º Bacharelato, Pau Cuevas, puxo a súa brava voz en nome de toda a comunidade educativa e realizou a lectura pública do manifesto da área educativa de Ferrol. A partir de aquí principiará a actuación nos barrios da contorna.

Escuchar "Alumnado do IES Concepción Arenal de Ferrol espalla o entusiasmo pola lingua coa campaña "Aquí tamén se fala galego""

Más episodios del podcast Voces de Ferrol - RadioVoz