As competicións constitúen o maior reclamo da Feira do Cabalo que hoxe o longo de todo o día se celebra en Moeche

As competicións constitúen o maior reclamo da Feira do Cabalo que hoxe o longo de todo o día se celebra en Moeche

Voces de Ferrol - RadioVoz

23/04/2024 4:16PM

Síntesis del Episodio "As competicións constitúen o maior reclamo da Feira do Cabalo que hoxe o longo de todo o día se celebra en Moeche"

As competicións constitúen o maior reclamo da Feira do Cabalo que hoxe o longo de todo o día se celebra en Moeche. Este ano, a nova directiva da Asociación Ecuestre 23 de Abril, que organiza o evento, recuperou o premio á manada de cabalos máis numerosa. O propietario recibirá 300 euros e un trofeo. En total, son 4.400 euros os que repartirán entre os mellores das distintas competicións. Haberá probas de andadura chapeada (para exemplares de máis e de menos de 1,5 metros) e de andadura serrada, tamén para as dúas medidas. En cada unha destas catro categorías entregaranse cinco galardóns, dotados con 300, 250, 200, 125 e 75 euros. No certame de estampa e beleza distinguirase á mellor egua e ao mellor cabalo da feira, cun premio de 150 euros máis trofeo en cada caso. No apartado de andadura sub 18, sen dotación económica, os cinco primeiros clasificados recibirán un trofeo, segundo figura no cartel anunciador desta edición da feira. Vese, ademais, o deseño feito pola ilustradora ferrolá Blanca Vila para as camisetas da asociación, no que se recrean «as primeiras feiras, que se facían arredor do castelo, patrón de San Xurxo [...], e o tipo de paso do cabalo corresponde á andadura galega», explica Noelia Castro, nova presidenta do colectivo. Na imaxe destaca a presenza da fortaleza e máis o cabalo. Este ano, entre as competicións suprimiuse o trote, aínda que Castro subliña que «a intención é mantelo». Incide na importancia de «respectar as tradicións da feira» e nesa liña adianta que lle gustaría recuperar as carreiras de carro (de dúas ou catro rodas). No caso do premio á manada de cabalos máis numerosa, remarca que o propósito é «fomentar a compra e venda de gando, porque é unha actividade importante nesta zona».

Escuchar "As competicións constitúen o maior reclamo da Feira do Cabalo que hoxe o longo de todo o día se celebra en Moeche"

Más episodios del podcast Voces de Ferrol - RadioVoz