Síntesis del Episodio "LouceirosdeBamio#1-Bucina"
En Bamio, xullo de 2016. O señor Manolo amosounos o son da da bucina. En Galicia usáronas fundamentalmente os mariñeiros para se comunicaren sinais, ou para anunciar a súa arribada ao porto. O sr Manolo a empregaba para vender o peixe. Contounos que tocaba en Briallos, e escoitábano máis lonxe que aos que tocaban o claxon. A copla referida por Carlos Rei na súa obra “Os instrumentos musicais na lírica tradicional galega” dá conta de como os louceiros de Bamio anunciaban tamén o seu oficio empregando a buguina. Segundo L. García Alén “…alguna vez usáronse a modo de caracola, dende os barcos que transportaban cerámica para vender na costa, coa fin de convocar á xente ó mercado de cacharros".