Informativo A Coruña 8:45 - 16/10/25

16/10/2025 14 min
Informativo A Coruña 8:45 - 16/10/25

Escuchar "Informativo A Coruña 8:45 - 16/10/25"

Síntesis del Episodio

Saúdos, bo día...Sanidade ultima a reordenación dos recursos humanos da atención primaria pra reforzar as prazas no Barbanza...Foi a resposta do Conselleiro á pregunta do BNG no Parlamento este mércores, logo de meses de mobilizacións da "plataforma en Defensa da Sanidade Pública" da comarca. Hoxe, volverán concentrarse en Ribeira. Deseguido ampliamos, antes outros titulares da xornada con Xaime Barreiro-Desde as cinco e media da mañá os traballadores de Navantia están a votar en referendo se aceptan o preacordo de convenio colectivo ao que chegaron as organizacións sindicais e a dirección da empresa hai uns meses.- Remedios Sánchez, a muller de Boimorto condenada a 144 anos en 2008 por matar a tres anciás en Cataluña, permanece na prisión de Teixeiro á espera de prestar declaración por un novo caso. -A Torre Efisa cónvertese nunha icona de sostibilidade. Iberdrola presentou este mércores os resultados da rehabilitación do edificio na Coruña, o seu proxecto máis grande en Galicia.Escuchar audio