Informativo A Coruña 8:45 - 03/10/25

03/10/2025 15 min
Informativo A Coruña 8:45 - 03/10/25

Escuchar "Informativo A Coruña 8:45 - 03/10/25"

Síntesis del Episodio

Este é o son que se escoita arestora no Obelisco da Coruña. A lectura dos nomes dos menores asasinados en Gaza dende que comezou o asedio israelí. É unha das accións de protesta que se están a desenvolver estes días pra pedir reaccións políticas. A pasada tarde as rúas da provincia enchéronse de berros pra demandar a liberación dos tripulantes dos barcos humanitarios interceptados polo goberno de Netanyahu. E iso na mesma xornada na que se levantaron críticas contra o PP coruñés pola súa negativa no pleno municipal a empregar o termo xenocidio. Deseguido ampliamos, antes outros titulares da xornada con Antía Fernández-Aprobada definitivamente a suba no imposto da recollida de lixo. A partir de 2026 os coruñeses chegarán a pagar 86 euros no ano 2029.-O PSdG de Santiago pídelle á Xunta que aumente de unha vez por todas a contía para a capitalidade de Compostela. Lembran que leva anos conxelada. -Sete alcaldes da provincia solicitan unha audiencia co ministro de transportes pra negociar a liberalización da AP-9 no treito entre Padrón e Santiago. Falan de discriminación con respecto a outras zonas polas que pasa a autoestradaEscuchar audio