Encontros no Cinema NUMAX #02 - Charles Burnett

02/04/2020 1h 29min
Encontros no Cinema NUMAX #02 - Charles Burnett

Escuchar "Encontros no Cinema NUMAX #02 - Charles Burnett"

Síntesis del Episodio

O 18 de abril de 2016 a Aula Os ollos verdes de NUMAX convidou a Compostela a un cineasta histórico do cinema independente norteamericano. Charles Burnett, considerado por Martin Scorsese o cineasta afroamericano máis importante, fixo un percorrido pola súa filmografía, baixo o título «Contra quen pelexo esta noite? »

Escoitamos a súa intervención íntegra coa tradución en directo ao galego de Víctor Paz Morandeira.