Capítulo 8: «Especial Xornada de Portas Abertas do CiMUS 2021»

22/12/2021 33 min
Capítulo 8: «Especial Xornada de Portas Abertas do CiMUS 2021»

Escuchar "Capítulo 8: «Especial Xornada de Portas Abertas do CiMUS 2021»"

Síntesis del Episodio

Neste episodio do CiMUS Podcast participamos na V xornada de Ciencia Singular levada a cabo o 20 de novembro para falar con investigadores e visitantes e recoller as súas impresións (https://cienciasingular.usc.es/). Se queres coñecer as calidades que debe ter un bo científico ou como te engana o teu cerebro, este é o lugar axeitado!

00:00 Presentación
BLOQUE VISITANTES
01:13 Que é o que máis vos gustou?
01:56 Gustaríavos ser científicos de maiores?
02:37 Como cres que ten que ser un científico?
03:31 Repetiriades para o ano?
04:13 Que vos parecen este tipo de xornadas?
BLOQUE OBRADOIROS
06:38 Que facedes no voso obradoiro?
11:29 Como valorades a acollida da xente?
12:23 Por que considerades que é importante unha xornada coma esta?
15:01 Pensades que este tipo de xornadas son suficientes para chegar á xente?
BLOQUE INVESTIGADORES PRINCIPAIS
16:45 Por que considerades que é importante unha xornada coma esta?
19:28 Como valorades a acollida da xornada?
21:15 Cres que os centros singulares da USC están a altura doutros centros de renome?
26:56 Que mais se pode facer para convencer aos rapaces de que meterse no mundo da ciencia paga a pena?
29:17 Que propoñerías para chegar aos adultos que non teñen unha relación directa co mundo da ciencia?
31:47 Gustaríache que os teus fillos fosen científicos?
33:07 Despedida


‘CiMUS podcast’ é unha iniciativa que intenta achegar a todos os públicos a actividade investigadora desenvolta no CiMUS, o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela. As opinións expresadas no programa son de exclusiva responsabilidade de quenes as emiten e non representan, necesariamente, o pensamento do equipo CiMUS Podcast.

===INVITADOS===
Visitantes da Xornada de Portas Abertas do CiMUS
Investigadores dos obradoiros: Ilusións sensoriais, Microscopía: First dates...de lévados, Electroforese: Códigos de barras de ADN, Plaquetas: Dr. Jeckyll & Mr. Hyde, Sistema vascular: as autopistas da vida.
Investigadores principais: Clara Álvarez, Olga Barca, Ángel Carracedo, Carlos Diéguez, Fernando Domínguez, Miguel González, José Tubío.

===LOCUTORES===
Paula Otero, Ana Pequeño, Martín Santamarina, Seila Díaz, Martín Kotrulev, Nuria P. Espasandín

===REALIZACIÓN, EDICIÓN E MONTAXE===
Nuria P. Espasandín

===DIFUSIÓN E REDES SOCIAIS ===
Ana Oitabén – Xestión CiMUS – Comunicación RPG

===XESTIÓN E ADMINISTRACIÓN===
Ana Oitabén e Jorge Rodríguez

===MÚSICA===
Fifths and - cimus podcast, composta por Jorge Zamora exclusivamente para CiMUS Podcast

===DISEÑO GRÁFICO===
Lucía Varela Lorenzo

===FINANCIACIÓN===
CiMUS, Xunta de Galicia e FEDER