🤙 BO ROLLO🤙 con The Rapants

31/01/2024 1h 1min Temporada 4 Episodio 8

Escuchar "🤙 BO ROLLO🤙 con The Rapants"

Síntesis del Episodio

Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙BO ROLLO🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo'.
Xunto a eles repasamos algúns dos seus temazos, como o seu novo single 'Blaster w4u', e afondamos na importancia de estar en equilibrio, surfear os problemas, rematar cos egos e ser abertos para afrontar os desencontros pola convivencia. O bo rollo infíltrase e acabamos como no post concerto de The Rapants, amigos falando con amigos sobre a vida.
·
Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠ ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚