Conversas na Ferrería #139: O voluntariado do ITU

25/04/2019 29 min
Conversas na Ferrería #139: O voluntariado do ITU

Escuchar "Conversas na Ferrería #139: O voluntariado do ITU"

Síntesis del Episodio

 Miguel Balea, asume a dirección do voluntariado para os  Mundiais de Tríatlon  xunto a Teresa Blanco; a Esther Portela que coordina o ámbito de comunicación e prensa e Óscar Ponte que coordina loxística seguridade na auga e voluntariado.


Miguel é o que atesoura experiencia en diversos eventos que foi albergando Pontevedra.  Anos de currículo tras os que xa fala de necesidade dunha "substitución xeracional" e que "a familia tamén o reclama" engade. Óscar é estudante, presidente do Club Escola de Piragüismo Pontevedra e colabora na iniciativa desde fai catro meses. "Isto quítache moito tempo pero achega a gratificación de vivir en primeira persoa un evento así", di. A terceira invitada,  Esther, fala de satisfacción e  "unha honra que me deixen participar no Mundial porque me encanta aprender. Ademais, despois de 26 anos fóra de Pontevedra está a permitirme achegarme á cidade e devolverlle o que vivín fóra".